A cada participante se lle asignará un país ao que representará e un "amigo invisible" ao que lle terá que compor unha canción.
Todas as cancións serán presentadas o 25 de decembro e votadas de forma anónima polos participantes dentro do periodo de votación. As 8 finalistas serán as que formarán parte da Gran Final do 6 de xaneiro.
Por participar, os concursantes comprométense á confidencialidade, quedando prohibido revelar quen é o compositor da canción ou o país ao que representa. O anonimato deberá manterse en todo momento ata o final da Gran Final para facer o concurso máis divertido.
A primeira votación (Semifinal) realizarase de forma anónima (ninguén debe saber a que país votaches, agás o organizador do evento). Esta votación será similar á de Eurovisión: disporás de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 12 puntos que deberás asignar de menor a maior a cada canción/país, sendo os 12 puntos para a canción/país que máis che gustou.
A votación final (Gran Final) non será anónima e realizarase de forma presencial ou por videoconferencia. Esta votación terá lugar despois de que os autores interpreten (playback, lipsinging ou coreo) as cancións finalistas. A mecánica será similar á de Eurovisión, pero con menos puntos: 1, 2, 3 e 5 puntos.